Autoevalación crol


POSICIÓN DO CORPO
1
2
3
4
Posición case horizontal
x
Cabeza lixeiramente levantada
x
Sen movementos arriba - abaixo
x
Sen movementos laterais
x
Realización de rolido
x








ACCIÓN DAS PERNAS
1
2
3
4
Planta dos pes rompen a superficie


x

Flexión correcta de xeonllo


x

Profundidade correcta de batido


x

Coordinación do batido e da brazada


x

Nocellos estendidos e relaxados

x










ACCIÓN DOS BRAZOS
1
2
3
4
A man entra co cóbado alto e fronte ao ombro

x


O agarre é lento

x


O agarre é profundo con cóbado alto
x



Tirón e empurre cerca da liña media


x

A man acelérase durante a tracción

x


A man sae polo muslo sen parada


x

Recobro con cóbado e ombro elevados


x

O cóbado guía a man no recobro

x


A acción dos dous brazos é simétrica

x







RESPIRACIÓN
1
2
3
4
Saca a cara a vez que comeza o recobro


x

Mete a cara a vez que entra a man

x


Move a cara cara adiante

x


1. Acción moi incorrecta. 2. Regular. 3. Ben 4. Moi ben



Aquí vos deixo unha ficha modelo de cales serían os puntos a ter en conta á hora de analizar a técnica de nado a crol nunha persoa. Neste caso as valoracións que podedes ver na ficha son as que decidiron darme os dous compañeiros que observaban como nadaba ollandome dende certos puntos da piscina para captar cada movemento que querian evaluar.

Podedes ver que non son un nadador experto para nada.. pero iso non quita que poida saber cales serían os puntos a ter en conta e como deberían ser os movementos á hora de traballar como técnico e ensinarllos o alumno para que teña unha boa técnica de nado.

Vendo a miña ficha podo observar que necesitarío mellorar bastante por exemplo o agarre profundo con cóbado alto, xa que é un movemento importante na tracción para conseguir mover unha boa cantidade de auga e conseguir desprazarse máis grazas o posterior empuxe.

Outra cousa a cambiar ou mellorar na miña técnica seria a posición, lograr unha posición máis horizontal que ofrecera menos resistencia á auga permitiríame obter unha posición máis hidrodinámica e alcanzar mallores velocidades.

Para finalizar por exemplo podería traballar a velocidade ca que movo a man durante a tracción xa que é un movemento importante para lograr un bo impulso xunto co traballo das pernas.

Hagora ben, para ir mellorando estes puntos pódense levar a cabo diferentes exercicios cos cales irse centrando nas posturas e movementos. 

Por exemplo, á hora de conseguir unha posición máis horizontal poderíase utilizar un pull-buoy, este colocaríase entre os muslos, de tal forma que coa súa axuda as pernas collen máis altura e lógrase unha posición máis horizontal que favorece o desprazamento. Ademais, o uso do pull-buoy non nos molesta para ir dando batídas cas pernas en crol.






Para mellorar o agarre eu faría por exemplo o seguinte exercicio; Coa axuda dunhas aletas facer 5 ou 6 largos centrándonos exclusivamente en que o movemento de agarre sexa lento e co cóbado alto. Porqué utilizar as aletas? Pois as aletas, ademáis de proporcionar mayor impulso e rapidez, axudan a obter un desplazamento máis cómodo que nos permite centrarnos máis na parte superior do corpo e encima proporciona unha maior flotabilidade as pernas co que axuda tamen ó punto anterior e lograr así esa posición máis horizontal.


Para acabar, unha vez feitos estes exercicios, debese nadar sen axuda de nada centrandose na posición do corpo e nos movementos e así ir mellorando pouco a pouco no estilo.



Jorge Freire

No hay comentarios:

Publicar un comentario